martes, 1 de diciembre de 2015

ACTIVIDADE 7


Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE7.
Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

  • Disco duro. Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura dun disco magnético de xeito similar á  figura 27 da páxina 44 do libro.
  • Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria). 
  • Unidade de estado Sólido. Busca unha imaxe na rede.

Un disco duro é un dispositivo mágnetico utilizado para almacenar gran cantidade de información. Componse de varios pratos, apilados nun mesmo eixo que vira a gran velocidade dentro dun mesmo eixo que vira a gran velocidade dentro dunha caixa metálica selada. Entre os pratos están situadas as cabezas de lectura-escritura que len e escriben nas dúas caras de cada disco.
Dependendo da tecnoloxía utilizada para a tansferencia de datos, os discos duros poden ser de varios tipos: IDE, SCSI, SATA ,SAS, etc. O seu tamaño aumentou vertiginosamente, pasando do primeiro disco duro de 5 MB, que pesaba unha tonelada, aos discos actuais de varios TB cun tamaño algo maior que un teléfono movil.
Nun disco magnético diferéncianse:
Caras: superficies superior e inferior de cada disco.
Sectores: divisións que se fan en cada pista
Pista: cículos concéntricos en que se divide cada cara do disco
Cilindros: conxunto de pistas que están aliñadas verticalmente en todas as caras. Este concepto utilízase nos discos duros, posto que neles hai varios pratos de ocon pistas en ambas as caras.







A memoria flash é un sistema de almacenamento estático que non necesita corrente para manter gardados os datos. Funciona mediante impulsos eléctricos e alcaza velocidades de funcionamento moi superiores a outros dispositivos, porque permite ler e escribir datos de forma simultánea.
Converteuse nun soporte de uso habitual para almacenar e transportar información xa que, entre as súas características destacan a súa gran capacidade, as súas pequenas dimensións, o seu prezo absequible, a súa gran resistencia, a posibilidade de usala en dispositivos de diferente tipo e a súa facilidade de emprego. Iso si, a vida dunha memoria flash non é indefinida: cífranse entre cen mil e un millón as veces que se pode gravar información nela.
Os tipos de memorias flash máis empregadas son:
Memorias USB. Pequenos dispositivos cun chip de memoria flash. Conéctanse ao computador a través dun porto USB en quente, é dicir, aínda que estea aceso. Xeralmente, non hai que instalar ningún sofware nin driver para utilizalas, xa que o sistema operativo recoñéceas automaticamente.


Cartóns de memoria. Son soportes de almacenamento utilizados habitualmente en cámaras dixitais e móbiles, polo que se adoitan conectar a través dun lector de cartóns de memoria para tranferir a súa información. Existen multitude de tipos e formatos, en función do fabricante; algúns dos máis comúns son SD, MiniSD, MicroSD, NanoSD, Compact Flash, Memori Stick, xD, MMC, etc.








Unha unidade de estado sólido ou SSD (Solid State Drive) é un dispositivo de almacenamento secundario de gran capacidade e alta velocidade. Ten o mesmo uso que os discos duros, pero non está formado por discos mecánicos, senón por memorias de circuítos



No hay comentarios:

Publicar un comentario