jueves, 10 de diciembre de 2015

Actividade 9

Os módems son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha liña analóxica ou dixital. A palabra " módem" provén dos termos Modular-DEModular e a súa misión consiste en converter o sinal dixital do computador en analóxica e viceversa.
En función da tecnoloxía utilizada para transmitir a información utilizada para transmitir a información distínguense varios tipos:
Módem ADSL.Utiliza o fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade. Esta tecnoloxía denomínase asimétrica debido a que a capacidade de descarga( desde a rede ata o usuario9) e a capacidade de subida de datos (en sentido inverso) non coinciden. A tecnoloxía que se emprega, ADSL2, ADSL+2 ou VDSL, proporciona gran ancho de banda que permite integrar na mesma liña voz, datos, vídeo e televisión de alta calidade, polo que é unha das máis utilizadas.
Cable módem. Deseñado para modular o sinal de datos sobre unha infraestrutura de conexión por cable que, adicionalmente, proporcionan acceso a Internet de banda ancha.
Módem USB. Utiliza a banda ancha móbil para obter Internet en calquera lugar e momento, sempre que se dispoña de cobertura. Ofrece diferentes velocidades en función do tipo de conexión, GPRS, 3G ou 4G. Os teléfonos intelixentes pódense configurar como módem co que conectar outros dispositivos inalámbricamente.


Router. Un router é un dispositivo que permite interconectar diferentes reder informáticas, seleccionando a ruta de comunicación máis adecuada para o envío de datos. A maioría de routers tamén inclúen un módem coa tecnoloxía adecuada para a conexión a Internet.

A tecnoloxía PLC (Power Line Communications) utiliza a liña eléctrica convencional para a transmisión de datos. Os dispositivos PLC teñen unha función similar á dun módem, aínda que neste caso utilizan a rede eléctrica para a tranmisión de datos. O seu uso permite, entre outras cousas, o acceso a Internet mediante banda ancha, a transmisión de vídeo de alta definición e o uso de telefonía IP.

O cable é un dos medios de conexión utilizado nas redes para transmitir datos. Existen diferentes tipos de cable:
Cableado coaxial. Está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. É similar ao que se usa para a antena de televisión, aínda que actualmente está en desuso.
Cableado de par trenzado. Está constituído por catro pares de fíos. Cada par está entrelazado para diminuír a interferencia eléctrica e evitar que se axuste o sinal entre os pares. Dentro deste cableado distínguense os seguintes tipos:
UTP. É un cable non apantallado. É de baixo custo pero sensible a interferencias, polo que produces máis erros que outros cables.
STP. É un cable apantallado, é dicir, ten unha malla metálica ao redor do cable que o protexe das interferncias electromagnéticas.
FTP. É un cable apantallado con blindaxe global que posúe unha pantalla condutora en forma trenzada. Mellora a protección fronte ás interferencias con respecto aos anteriores.

Existen diversas categorías de cables, dependendo da súa velocidade de transmisión. As que están en uso son: categoría 5 (100 Mbps), categoría 6 ( 1 Gbps), categoría 7 ( 10 Gpbs) e categoría 8, que están fase de desenvolvemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario